Sunday 28 de April de 2024

Un total de 58 veciños e veciñas de Frades fan unha viaxe de cinco días a Guipúzcoa, Lourdes, Andorra, Zaragoza e León


 

Un total de 58 veciños e veciñas de Frades participaron unha excursión de cinco días a Lourdes, organizada polo Concello de Frades e na que estiveron acompañados polos concelleiros de Maiores, Jesús Francos, e Cultura, Juan Carlos Portos. Unha viaxe na que percorreron cidades como San Sebastián, Andorra, Zaragoza ou León, e na que visitaron emblemáticos lugares como o santuario e a basílica de Loiola (Guipúzcoa), a basílica da Nosa Señora do Pilar (Zaragoza) ou o santuario da nosa Señora de Lourdes, onde participaron na procesión nocturna.